«Érase unha vez un coelliño branco. Un día foi buscar coles á horta para facer un caldiño e cando volveu a casa atopou a porta pechada e petou.-Quen é? – preguntou unha voz desde dentro….»
Este é outro dos meus contos favoritos. Adaptado dun conto popular portugués por Xosé Ballesteros (Vigo, 1956) e ilustrado por Oscar Villán (Ourense 1972) (1) recibiu o premio nacional de ilustración en 1999.
Traducido a moitos idiomas tamén se publicou, adaptado por BATA, na colección Makakiños de Kalandraka (2), unha iniciativa para facilitar a lectura a persoas con autismo e outras discapacidades intelectuais.
Deste aínda non teño versión EDI pero non deixedes de ver o video que fixo Belén (unha das miñas alumnas aventaxadas 😉 ) na páxina do seu cole (3 )
Enlaces que se citan:
(1) Enlace á páxina de Óscar Villán:
http://ovillan.com/libros/o-coellino-branco/
(2)Enlace á páxina de Kalandraka:
(3) Enlace á páxina da EEI Samieira da profe Belén Velasco
O temos, o temos!!! :DDDDDDD
Este é un dos preferidos do meu neno, ten a versión de Makakiños e dos catro desa colección é o que mais lle gusta. Que chulada o proxecto que me mostraches. No dubides que che pedirei algún conto, pero cando teña mais tempo e póñolle os pictos…jejeje